
Un percorrido máxico a través da ciencia, da historia e do humor ideado no laboratorio de Martín Camiña.
"A outra realidade" fala de magos como Leonardo Da Vinci, Arquímedes, Einstein, Newton, etc... Magos que pensaron en imposibles para descifrar a outra realidade.
O ilusionista, no presente, e o seu curmán, viaxando no tempo, amosaránnos realidades paralelas, tan diferentes e tan parecidas, a través de diferentes épocas.
Ilusións con cadeiras, cordas, aparellos que modifican o noso corpo, espadas, mensaxes dende o máis alá, etc, serán o nexo de ligazón entre o presente e as viaxes no tempo internas da obra.
Un ilusionista, un actor, unha actriz e a música en directo dunha arpista desenrolan este espectáculo, no que se mesturan pasado e presente para desvelarnos que quizais hai algo en común en tódalas realidades: a búsqueda da ilusión e da maxia.